Sunday 05 de May de 2024

Política Social asiste na Coruña á lectura dun manifesto da Federación Española de Párkinson polo Día Mundial desta doenza


O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, acudiu hoxe á praza de María Pita, na Coruña, para asistir á lectura dun manifesto polo Día Mundial do Párkinson. Esta cita foi organizada pola Federación Española de Párkinson para sensibilizar e concienciar á sociedade sobre esta enfermidade neurodexenerativa.

Fernando González Abeijón puxo en valor o compromiso que ten a Xunta de Galicia coas persoas que están a sufrir esta doenza e as súas familias. Así mesmo, agradeceu ás entidades sociais que conforman a Federación Española de Párkinson o traballo diario que realizan de cara a mellorar a vida destas persoas.